LA GALLINA AZUL

Ficha artística

  • Elenco: Eduardo Cunha “Tatán“ , Miguel Borines e Andrés Giráldez
  • Escenografías e creación de bonecos: Pablo Giráldez “Pastor“ e TANXARINA
  • Música: Paco Martínez Barreiro
  • Vestiario: Carlos Alonso
  • Adaptación e dirección: Cándido Pazó
  • Texto Orixinal: Carlos Casares
  • Técnica: Diversas técnicas
  • Duración: 50 minutos
  • Espazo: Interior
  • Aforo: 400 espectadores máximo

Sinopse

“Lourenzo ten unha galiña azul con cinco plumas vermellas na á dereita. Unha galiña moi bonita e moi rara. Poñen ovos de cores. Ademais non di cacaracá como as outras galiñas, senón que di cocorocó. E isto ten preocupadas as autoridades.”

A Galiña Azul é un espectáculo que fala da diversidade e da solidariedade, destinado ao público infantil e familiar, no que empregamos diversas técnicas de manipulación de bonecos e traballo actoral.

O texto de C. Casares, pedra angular da literatura infantil galega, cobra nova vida neste espectáculo que recolle catro contos do orixinal do autor, nunha divertida adaptación