AS BOMBAS E O XENERAL

 

 

 

 

 

 

 

 

Ficha artística

  • Elenco: Eduardo Cunha “Tatán” , Miguel Borines e Andrés Giráldez
  • Construción de marionetas e escenografía: Pablo Giráldez “Pastor“ e TANXARINA.
  • Adaptación e Dirección: Cándido Pazó
  • Música: Paco Barreiro    Efectos de son: Manuel Pombal
  • Atrezo e vestiario de actores: Carlos Alonso e Concha González
  • Deseño do cartel e programas: Pablo Giráldez “Pastor“
  • Produción: TANXARINA

 

  • Técnica: Siluetas animadas y actores.
  • Duración: 45 minutos.
  • Público: + 5 anos
  • Espazo: Interior e exterior
  • Aforo : 300 espectadores máximo

 

Sinopse

“As bombas e o xeneral” é un espectáculo onde recreamos con siluetas animadas, música e actores a historia dun Xeneral que quere organizar unha guerra e para iso conta cun arsenal de bombas atómicas. Os átomos saben das intencións do militar e deciden fuxir a un lugar mellor. O Xeneral verá frustradas as súas intencións.

Un espectáculo de total actualidade para concienciar aos máis pequenos dos danos que provocan as guerras e as súas consecuencias. Un final amable para unha situación de conflito onde tamén presentamos os efectos devastadores dun combate miitar.